Apuntes biográficos/históricosEladio Fernández Diéguez, nado na Coruña o 3 de marzo de 1865 e finado en Zamora o 17 de novembro de 1935, foi un xornalista e político galego.
Fillo do xornalista Ezequiel Fernández Miranda. Estudou Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi concelleiro republicano na Coruña. Comezou o seu traballo como xornalista en Murmullos Literarios e El Anunciador. Posteriormente, en Santiago de Compostela fundou El Cupido, traballou como redactor de La Verdad e Gaceta de Galicia, e colaborou con El Ciclón. Novamente na Coruña, colaborou con El Imparcial Coruñés e El Alcance e fundou e dirixiu La Coruña Cómica. Foi director de Tierra Gallega, redactor xefe de El Telegrama e tivo unha sección propia en La Voz de Galicia. Na súa estadía en Ferrol foi director de El Correo Gallego e Diario Ferrolano. Dirixiu Diario de Huelva, ademais de colaborar en diferentes xornais americanos.
Galipedia
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 3 de febreiro de 2021. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1605
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1267658. Visitado o 3 de febreiro de 2021