(Ferrol, A Coruña, España, 1851 - Madrid, España, 1926)
Apuntes biográficos/históricosMariño, político e diplomático, profesor na Escola Naval e intelectual, foi autor de moitos estudos sobre os protagonistas da empresa ultramarina española, como Vasco Núñez de Balboa, Alfonso Jofre de Tenorio ou Blasco de Garay. A súa autoridade sobre o tema levouno a colaborar coa Real Academia Española na corrección de léxico naval presente dicionario.
Autor de obras filolóxicas como o Refranero español náutico y meteorológico ou Escarceos filológicos, colaborou tamén con institucións culturais como a Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País e o Centro de Cultura Hispano-Americana de Madrid.
Elixido académico de número da Real Academia Española tomando posesión o día 31 de maio de 1914, foi tamén correspondente da Real de la Historia, da Academia Gallega e da Sevillana de Buenas Letras. Foi o xefe de adquisicións da Compañía Arrendataria de Tabacos.