Apuntes biográficos/históricosEmigrou a Bos Aires en 1893 para traballar cun familiar pero abandonou o emprego para comezar unha vida bohemia. Adicouse ao comercio mentres colaboraba en xornais co seudónimo Rómulo Galíndez.
En 1918 regresa e establécese en Madrid onde é nomeado director de propaganda do Instituto de Bioloxía e Sueroterapia. Máis tarde é destinado á Coruña como delegado en Galicia.
Moi relacionado co mundo da medicina e famacia, participa na Exposición Nacional de Medicina de Sevilla, 1924, na Exposición de Hixiene, Madrid, 1925, e nas I e II Xornadas Médicas Galegas, A Coruña, 1929 e Vigo, 1931, respectivamente.
Na súa obra Semblanzas raciales, fai unha serie de retratos literarios de importantes médicos galegos.