Apuntes biográficos/históricosXavier Bóveda Pérez, poeta e escritor galego en lingua castelá, foi antes repartidor de xornais e tipógrafo en El Diario de Orense. Marcha a Madrid onde comeza a relacionarse con outros galegos como Basilio Álvarez ou Roberto Nóvoa Santos. Volve á súa terra e forma parte do Cenáculo ourensán, grupo no que estaban autores como Otero Pedrayo, Vicente Risco e López Cuevillas, que máis tarde pasarían a ter un papel destacado no grupo Nós.
Na súa volta a Madrid asina o manifesto ultraísta, movemento literario de vangarda liderado por Rafael Cansinos-Assens en 1919, que reivindicaba un territorio literario para os creadores máis novos que representaban a mentalidade do novo século.
En 1923 emigra a Bos Aires onde colabora con Hogar Gallego, Caras y Caretas e La Prensa e funda o semanario Mundo Español e a revista Síntesis, Bóveda dedícase a dar conferencias e, máis tarde, ao teatro. En 1963 morre de repente en Madrid durante unha xira teatral