Apuntes biográficos/históricosChegou a Cuba en 1916 onde exerceu como profesor de francés no centro Concepción Arenal do Centro Galego da Habana. Activista cultural e bibliófilo, foi secretario do Comité representativo das Sociedades de Instrución e director de Follas Novas e Vida Gallega, revista mensual da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.