(Porto do Son, A Coruña, España, 1916 - Vigo, España, 1998)
Apuntes biográficos/históricosMiguel Roig Lestón, nado en Porto do Son o 31 de outubro de 1916 e finado en Vigo o 1 de febreiro de 1998, foi un mestre e político galego.
Fillo de Rogelio Roig Mariño. Estudou o bacharelato no Instituto de Noia. Pertenceu á agrupación Ultreya de Noia, participou na estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Logo fixo o curso preparatorio para estudar medicina en Compostela. En 1937 incorporouse ao Exército e estivo na fronte de Asturias e despois formando parte do corpo sanitario na fronte de Teruel e nas ofensivas de Aragón e Levante. Ao rematar a guerra foi destinado a Tetuán onde acadou o grao de tenente. En 1941 deixou o exército e fíxose mestre. Exerceu primeiro en Laxe e despois en Coirós, onde foi axente de Extensión Agraria e alcalde do Concello. Despois pasou á escola de nenos de Saiáns (Vigo), e máis tarde director do Grupo Escolar de Coia.
Galipedia
Fontes consultadas1. Galipedia. Visitada o día 23 de febreiro de 2021 https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_Roig_Lest%C3%B3n
2. Nós: boletín mensual da cultura galega. N. 107 (1932), p. 207