Apuntes biográficos/históricosLorenzo Vázquez Macedo, finado en Chantada en abril de 1926, foi un avogado, xornalista e político galego.
Avogado en Chantada, foi nomeado fiscal de Chantada en 1903. Foi director de "El Centinela". Foi nomeado socio da Asociación de escritores gallegos laureados en 1912. Foi vicepresidente da xunta local de Chantada do organismo Solidaridad Gallega en 1907. Foi alcalde de Chantada dende o 1 de xaneiro de 1914. Foi profesor do Colexio Balmes de Chantada en 1918. Volveu ser alcalde de Chantada de 1920 a 1922. Foi xuíz municipal de Chantada.
Casou con María Campo Fernández e foi pai de Carlota Vázquez Campo.