(Cotobade, Pontevedra, España - Hinojosa del Duque, Córdoba, España, 1939)
Apuntes biográficos/históricosJaime Vidal Rey, nado en Carballedo (concello de Cotobade) e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.
Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde ingresou en 1926. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Seminario de Estudos Galegos, ingresou en 1934 co traballo "Papeletas pra o estudo da Real Audiencia de Galicia", e foi elixido contador da Comisión Directora en 1935. Publicou en Raza Celta de Montevideo o manifesto "Aos mozos galegos". Foi redactor-xefe de La Voz de Cotobad. Participou na campaña a prol do Estatuto de Autonomía cunha conferencia en Unión Radio en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou como voluntario no Terzo de Requetés de Pontevedra. Estivo na fronte de Guadarrama. Foi tenente provisional de Infantería do Batallón de Cazadores de Ceuta, núm. 7. Morreu en acción de guerra en Sierra Patuda, no termo de Hinojosa del Duque, o 2 de febreiro de 1939.
Galipedia