Apuntes biográficos/históricosAlejandro Pérez Lugín foi un xornalista, novelista, crítico taurino e director de cine. Desde 1886, viviu en Santiago de Compostela, a cuxa universidade asistiu para realizar a carreira de Dereito.
É coñecido sobre todo polos seus artigos xornalísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela "Currito de la Cruz" (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ao cinema en catro ocasiones, a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e por Fernando Delgado. É un das longametraxes máis antigas da cinematografía española. Outra das súas novelas máis coñecidas é "La casa da Troya", na que recrea a vida universitaria na Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ao cinema en tres ocasións.
Foi nomeado Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela e de Sevilla. Faleceu o 5 de setembro de 1926 na súa residencia estival Villa Teresa, de O Burgo (A Coruña). O Concello da cidade encargouse do seu enterro no Cemiterio Municipal de San Amaro, sobre cuxo sepulcro se colocou unha escultura xacente de Bonome, e puxo o seu nome a unha rúa.