(Santiago de Compostela, España, 1837 - Padrón (A Coruña), España, 1885)
Apuntes biográficos/históricosRosalía de Castro naceu en 1837, froito dunha clandestina relación entre un sacerdote e unha fidalga compostelá. Pasa os primeiros anos en Santiago de Compostela, cunhas tías paternas, pero cedo marchará a Manuel Murguía, co que casará en 1858. Cinco anos máis tarde, en 1863, publica o seu segundo libro de poemas Cantares Gallegos e que será a súa primeira obra en lingua galega. En 1880 terá lugar a publicación do seu segundo poemario en galego Follas Novas, onde a escritora amosará o seu lado máis pesimista. Xa ao final da súa vida, decide volver a Padrón, onde morre á idade de corenta e oito anos. Xunto a Curros e Pondal, situouse como precursora do Rexurdimento cultural galego. Proba disto é que co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega decidiu consagrar o 17 de maio como Día das Letras Galegas, dedicándolle á autora a súa primeira edición. Como outros importantes ilustres galegos, os restos desta insigne escritora atópanse no Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingo de Bonaval, antigo convento e a actual sede do Museo do Pobo Galego.
Formas alternativas do nomeCastro, Rosalía de
Castro de Murguía, Rosalía, 1837-1885
Castro de Murguía, Rosalía de, 1837-1885
Castro e Murguía, Rosalía de, 1837-1885
Rosalía, 1837-1885
Murguía, Rosalía Castro de, 1837-1885
De Murguía, Rosalía Castro, 1837-1885
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 31 de agosto de 2012 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1078
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX881851. Visitado o 31 de agosto de 2012