"Leopoldo Pedreira Taibo, nado na Coruña o 4 de agosto de 1869 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1915, foi un profesor, escritor e xornalista galego.
Licenciado e doutorado en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. Aos 25 anos obtivo unha cátedra de Instituto e foi profesor de Xeografía e Historia en San Cristóbal de La Laguna, Baeza, Cuenca e dende 1907 na Coruña. Sendo estudante colaborou en La Voz de Galicia; en Madrid foi redactor da Revista Contemporánea e da Ilustración Nacional e colaborou en Unión Católica, La Justicia e El Globo; nas Canarias dirixiu Diario de La Laguna, El Lagunero e Aguerre; en Cuenca foi un dos fundadores de Las Noticias e colaborou en El Progreso Conquense, Correo Católico e Juventud; na Coruña foi asiduo colaborador de La Voz de Galicia, Galicia Solidaria, Tierra Gallega e El Eco de Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Casou con Luciana Deibe e foi pai de Felipe Pedreira Deibe."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal