"Redactor de El Noroeste. En 1927 publicou unha novela curta titulada "Carmeliña". Colaborou en "Vida Gallega", "El Correo Gallego" e "El Eco de Santiago". Marchou a Madrid en 1928 e integrouse no Lar Gallego como bibliotecario; colaborou en "ABC", "Blanco y Negro" e "Galicia" en Madrid e dirixiu "Galicia. Revista Mensual Ilustrada".
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi director do diario Voluntad de Xixón dende decembro de 1937, e redactor xefe de La Mañana de Lleida, cando o dirixía Emilio Romero. Despois trasladouse á Coruña onde dirixiu a revista Alfar, colaborou en "La Noche" e incorporouse á redacción de "El Pueblo Gallego" en xullo de 1948. Instalouse en Sevilla, onde traballou no "ABC", foi correspondente de "La Noche" e colaborou en "La Vanguardia".
Tamén fixo traballos de fotografía para prensa.
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal