Galiciana-BDG presenta un novo micrositio dedicado á Emilia Pardo Bazán
Escrito el 13-12-2021- Reúnense 75 obras dixitalizadas a través dun único punto de acceso
- Pódense descargar 7 títulos en formato epub
A BdG enriquece o micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia
Escrito el 25-10-2021O micrositio dedicado ao Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego consta desde estes días das seguintes novidades:
-Un mapa interactivo para localizar as institucións participantes, o número de documentos catalogados en cada unha e o ano en que se comezou a traballar en cada biblioteca.
-Información estatística sobre os centros participantes e sobre a colección.
-Un vídeo sobre a historia do catálogo e catro videotitoriais para aprender a usar o catálogo.
Galiciana-BDG dixitaliza 122.115 novas páxinas
Escrito el 14-10-2021- Este novo proxecto de dixitalización inclúe publicacións periódicas, monografías e material gráfico.
- Nesta ocasión dixitalizáronse fondos custodiados na Biblioteca de Galicia e nas bibliotecas públicas de Lugo, Pontevedra e Vigo.
O Consello de Cooperación Bibliotecaria publica as súas Recomendacións para proxectos de dixitalización
Escrito el 24-09-2021- Galiciana-BDG é membro do grupo de traballo que elaborou o documento.
- As Recomendacións pretenden ser unha guía para aquelas institucións ou empresas que xestionen ou executen proxectos de dixitalización de fondos patrimoniais.
Galiciana-BDG presenta un novo micrositio dedicado á Guerra Civil
Escrito el 28-05-2021- Trátase dunha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano
- Ata o momento dixitalizáronse 68 pezas, fundamentalmente monografías e folletos con poesía, crónicas de guerra, discursos, etc.
Dixitalizadas 88.174 novas páxinas da Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña
Escrito el 29-01-2021-
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais, en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dixitaliza 33 títulos de prensa histórica galega.
- Destacan as revistas satíricas e humorísticas de finais do XIX e principios do XX.
Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia e Amtega presentan o universo de Nós
Escrito el 16-12-2020- Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sae oxe o portal revistanos.galiciana.gal
- Un grafo de coñecemento elaborado específicamente para a nova web, presenta o universo de Nós como un todo conectado.
A Biblioteca Dixital de Galicia impulsa a adaptación da revista Nós ao século XXI
Escrito el 30-10-2020-
A Biblioteca de Galicia, a través de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, está a poñer en marcha dous novos proxectos que permitirán achegarse a esta publicación senlleira da cultura galega dunha forma totalmente innovadora.
-
Con motivo do centenario da revista Nós, a Secretaría Xeral de Cultura difunde este valioso legado para o seu acceso a toda a cidadanía a través de biblioteca.galiciana.gal e próximamente a través de revistanos.gal.
Curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades"
Escrito el 30-07-2020- Galiciana-BDG participará como relator no curso "Patrimonio cultural dixital: retos e oportunidades".
- Trátase dun curso virtual que se celebrará os próximos 16-17 de setembro a través do campus virtual da UIMP.
#aculturasegue #DIM2020-Hoxe é o Día Internacional dos Museos
Escrito el 18-05-2020- Como cada 18 de maio, hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos.
- Galiciana únese á celebración dixital deste ano destacando o seu micrositio sobre as coleccións bibliográficas dos museos galegos.
#aculturasegue-Novo micrositio Letras Galegas 2020
Escrito el 14-05-2020- Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia crea un novo micrositio dedicado a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2020.
- Para elaborar o micrositio realizouse un baleirado das publicacións periódicas que se atopan dixitalizadas en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, recolléndose o labor como artículista deste autor.
#aculturasegue-Pioneiros do libro en Galiciana
Escrito el 23-04-2020- O Festa do Libro Español creouse en 1926 e celebrábase o 7 de outubro, data na que se cría entón que nacera Cervantes.
- Galiciana ofrece un Timeline dos pioneiros do libro en Galicia.
#aculturasegue - Día do Libro infantil e xuvenil en Galiciana-BDG
Escrito el 02-04-2020- Galiciana presenta unha selección de contos infantís publicados na colección de prensa histórica.
- As Roladas foi o primeiro intento de facer unha revista en galego dirixida aos nenos
#aculturasegue - Galiciana publica un novo micrositio dedicado á Real Academia Galega
Escrito el 24-03-2020- Reúnense neste novo micrositio, arredor de 900 títulos de monografías e publicacións periódicas.
- Inclúe 76 títulos de publicacións periódicas dixitalizados dentro da primeira convocatoria de subvencións da AMTEGA.
#aculturasegue - Día da Poesía en Galiciana-BDG
Escrito el 20-03-2020Sabías que ...?
-
O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía
-
O Rexurdimento literario da lingua galega foi sobre todo un movemento poético
Incorpóranse 14 novas obras en formato ePub
Escrito el 29-01-2020- Galiciana- BDG incorpora ao seu catálogo 14 novas obras en formato ePub
- Nesta nova selección ampliouse o número de títulos de autores galegos
A Biblioteca de Galicia inaugura unha exposición sobre encadernación e coleccionismo
Escrito el 25-11-2019- Primores do Múltiplo: encadernación e coleccionismo na Biblioteca de Galicia poderase visitar do 21 de novembro do 2019 ata o 30 de xuño 2020.
- Mª Luisa López-Vidreiro da Biblioteca Bodoni – Universidade de Salamanca comisaría esta nova mostra que exhibe fondos procedentes das coleccións Abanca, Manuel Chamoso Lamas, Isaac Díaz Pardo e da Fundación Camilo José Cela, custodiados todos eles na Biblioteca de Galicia.
El Progreso de Lugo incorpórase a Galiciana
Escrito el 30-10-2019- O Grupo El Progreso e a Consellería de Cultura e Turismo dixitalizan os números do xornal de referencia para Lugo e súa provincia entre os anos 1941 e 1968.
- En total dixitalizáronse 51.860 páxinas ás que se dará acceso aberto a través de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.
Novos números dixitalizados (El Correo gallego, El Pueblo gallego)
Escrito el 25-10-2019-
Terceira fase de dixitalización de El Correo gallego, amplíase o rango cronolóxico ata o 31 de decembro de 1955.
-
Ponse ao dispor da cidadanía a cabeceira completa de El Pueblo gallego, ampliándose o rango cronóloxico desde o 1 de xullo de 1971 ata o peche do xornal no ano 1979.
Novas dixitalizacións procedentes do Fondo Chamoso Lamas
Escrito el 17-10-2019- Incorpóranse a Galiciana-Biblioteca Dixital 39 dixitalizacións procedentes do Fondo Manuel Chamoso Lamas.
- Trátase de monografías e folletos sobre a guerra civil española.